Novolar Coruña, S.L. nace no ano 1998 nun local de apenas 300m2. Mediante o noso esforzo, traballo e decisión, hoxe a nosa empresa ocupa máis de 4.000m2 de superficie en diferentes locais uns dedicados a venda ao público e outros a almacén. Os nosos almacéns e tendas están equipadas coa mellor tecnoloxía e a maquinaria máis actual para poder continuar a nosa expansión.
Novolar ten sabido crecer adaptándose aos tempos, e ampliar a súa oferta de produtos ate abarcar a máis ampla gama de azulexos, revestimentos e pavimentos cerámicos, naturais e porcelánicos. Doutra banda na actualidade comercializamos os máis variados complementos, desde a grifería ate os máis modernos accesorios de baño, pasando polos sanitarios e mobiliario de baño e cociña.